domingo, 9 de junio de 2013

Somieres de IKEA para cierres y vallas de finca en su tienda de A Coruña

Ikea lanza mañana en exclusiva y solo para territorio gallego su serie "Sängbotten-Vätlla", somieres para cierres y vallado de fincas gallegas.

El somier-valla ya figura en la página web
El director de Ikea A Coruña a confirmado hoy que esta serie saldrá a la venta mañana, "es una apuesta de la marca para acercarse a las características del pueblo gallego, cada Ikea tiene productos para las gentes que lo visitan y en A Coruña no íbamos a ser menos".
Muestra del mercado donde Ikea quiere abrirse paso
El producto ya está disponible en la página web de Ikea pero no saldrá a la venta hasta dentro de unas horas, aunque la expectación entre los paisanos ya es muy grande, debido sobre todo a su buen precio y sus dos acabados, uno metálico clásico y otro ya oxidado.

sábado, 8 de junio de 2013

Alberto Núñez Feijóo ultima a introducción do alemán na docencia

Despois de demostrar o seu excelente dominio do inglés ao anunciar os gañadores das medallas Castelao, o presidente da Xunta síntese con folgos dabondo para introduci-lo alemán como lingua de docencia en Galicia, despois de intentar facer o propio co inglés. 

Coa intención de levar esta iniciativa a bo porto, é un segredo a voces que o señor Feijóo tivo unha reunión de urxencia con Mariano Rajoy para que, botando man do trato frecuente que este mantén coa chanceler Angela Merkel, lle contrate un profesor nativo de alemán que, por suposto, será pagado do propio peto do presidente galego, para non romper coa maneira de xestionar estas cuestións á que nos teñen afeitos os políticos ata o de agora.

Ao preguntárselle por este cambio de rumbo, inesperado para a maioría da poboación, ofreceu as seguintes declaracións:
"Wir tenemos que continue to sträcken a aprendizaxe de extranxeirian Sprachen", co que sorprendeu positivamente á xornalista que cubría a comparecencia do señor Feijóo pois, malia ser de sobra coñecida a súa capacidade para falar dous idiomas ao mesmo tempo, descoñecíase ata o momento que fose quen de facelo con catro e, ademais, con semellante grao de corrección.

Malia todo isto, a comunidade universitaria sentiuse profundamente preocupada polas declaracións do presidente. A citada xornalista, nunha entrevista cos profesores de lingua inglesa da Facultade de Humanidades de Lugo, obtivo as seguintes declaracións:
O profesor José Manuel Oro Cabanas, seguindo a súa liña habitual, afirmou que: "sempre lles falo aos meus alumnos da súa "little box", co que me refiro á súa capacidade para interiorizar e gardar na súa memoria o que lles explico nas clases, pero cada cousa no seu sitio, sen mesturalas. Pero, despois de escoitar estas declaracións do presidente, cheguei á conclusión de que a súa "box" non é "little" senón "tiny", e, ademais, sen divisións, de aí semellante mestura idiomática, polo que non me parece que sexa a persoa axeitada para promover este tipo de medidas".

En termos semellantes se expresaba a profesora Jodee Anderson McGuire, pois afirma que "someone who finds so difficult to pronounce English words like The Chieftains musn't be allowed to create decrees on foreing languages' learning"
A estas declaracións asinte con forza o profesor Oro Cabanas, afirmando que "á alguén con semellantes capacidades lingüísticas e que nin se molesta en preocuparse de saber se os docentes teñen formación para impartir matemáticas ou arte en linguas estranxeiras, non se lle debería permitir lexislar sobre estas cuestións". Pero, engadiu, "xa se sabe como vai rematar isto, dada a tendencia do goberno a escoitar con toda a atención do mundo as opinións da comunidade docente".

Ademais a Xunta de Galicia sacará unhas bolsas para a creación musical co resultado da fala aprendida nesta docencia alemana, neste video podedes escoitar a primeira mostra do traballo dun dos alumnos mais aventaxados.